Curso de podcasting e radio por internet

domingo, 31 de agosto de 2008

Querid@ compañeir@:

O Consello da Xuventude de Galicia organiza o Curso de podcasting e radio por internet.

Este curso de podcasting e radio por internet permite que usuarios con niveis mínimos de informática poidan escoitar e subscribirse a podcast de calquera parte do mundo así como crear os seus propios podcast.
O que permite que dende a súa propia casa e simplemente cun ordenador e cun micro poidan, coa axuda do software libre e webs de acceso gratuíto, crear o seu propio programa de radio dispoñible para todo o mundo.

A duración do curso é de 9 horas, repartidas tematicamente en función do nivel de coñecementos do alumnado.

O temario trata os seguintes puntos:

- Introdución ao podcasting
- Principios básicos de informática e formatos de audio
- Subscrición de podcast mediante podcatchers ou sindicadores
- Gravación e edición sonora
- Técnicas de planificación e produción dun podcast
- Creación dun podcast persoal

Este curso impartirase nos seguintes centros da rede de telecentros do CMG:

- Centro Multimedia de Galicia (Santiago de Compostela)
- Biblioteca Pública Miguel González Garcés (A Coruña)
- Confraría de Pescadores (Ribeira)
- Casa da Xuventude (Foz)
- Delegación da Xunta (Ourense)
- Casa da Xuventude (Xinzo de Limia)
- Centro Multiusos (A Estrada)
- Auditorio Municipal (Lalín)

Este curso impartirase os días 10, 11 e 12 de setembro, en horario de 17:00 a 20:15 h.

Se estás interesad@ podedes facer a túa reserva do seguinte xeito:

- reservando a vosa praza no seguinte enderezo: www.cmg.xunta.es/ReservasCursos/
- facendo a solicitude, no apartado de reserva e consulta de prazas da oferta formativa, no seguinte enderezo: www.telecentros.comunicacion.xunta.es/oferta.php

Tras a realización da reserva de praza, poñeránse en contacto contigo para confirmala, xa que a realización do curso nalgún destes centros depende de que haxa un número mínimo de persoas matriculadas.

0 Comments:

Xunta Local de Novas Xeracións de Ourense

 
los64bits - Wordpress Themes is powered by WordPress. Theme designed by Web Hosting Geeks and Top WordPress Themes.
por Templates Novo Blogger